Saltar ao contido

Manga e competencia en interculturalidade

  • por

En outubro de 2023, Vigo acollerá o congreso STAR Global Conference 2023 “Transformative Education for an Interconnected and Equitable World”, organizado pola Cátedra UNESCO da Universidade de Vigo e pola STAR Scholars Network.

Dentro do panel Internationalization and communication, presentarei, en coautoría coa doutora Elena de Prada Creo, a comunicación “Formación en interculturalidad a través del manga: el caso de Detective Conan“. Esta investigación, realizada no marco do proxecto Erasmus+ GLOBDIVES, ten como obxectivo detectar como se representa a interculturalidade en Detective Conan, un manga non deseñado cunha fin didáctica, para, tras unha análise do tratamento dos referentes culturais, poder trasladar os resultados obtidos á aula universitaria.