Saltar ao contido

FRASEGAL

Proxecto de investigación en Fraseoloxía Galega

Institución: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)

Tipo de proxecto: autonómico

IP: Dra. María Isabel González-Rey

Posto: investigadora en formación

Duración: 2020 – 2022

Descrición: Fraseoloxía Galega é un proxecto destinado a impulsar os estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, traducir ao galego obras fraseolóxicas de referencia, construír un Tesouro Fraseolóxico Galego e promover unha metalinguaxe fraseolóxica universal grazas a un glosario multilingüe dixital de termos fraseolóxicos partindo do galego como lingua fonte. Así mesmo, o persoal do proxecto está capacitado para emitir informes fraseolóxicos que dean resposta ás peticións de información fraseolóxica tanto de particulares como de especialistas en fraseoloxía de diferentes países. As principais novidades investigadoras no eido publícanse, tras pasar unha estrita avaliación por pares cegos, na revista científica Cadernos de Fraseoloxía Galega, editada pola Xunta de Galicia.

Máis información: http://www.cirp.gal/proxectos/proxecto-fraseoloxia-galega.html