Saltar ao contido

METAFRAS

Glossary of Multilingual Phraseological Terms

Institución: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia)

Tipo de proxecto: internacional

IP: Dra. María Isabel González-Rey

Posto: investigadora externa

Duración: novembro 2022 – actualidade

Descrición: Elaboración dun Glosario terminolóxico multilingüe dixital que recolla os termos metalingüísticos da fraseoloxía, tanto de corte teórico como aplicado, en 18 linguas (galego, español, catalán, éuscaro, francés, italiano, portugués, romanés, chinés, xaponés, serbio, croata, ruso, alemán, inglés, árabe, lingala e kikongo), xunto coa súa definición e clasificados segundo criterios semánticos de hiperonimia/hiponimia e sinonimia/antonimia. A finalidade deste Glosario é a de establecer unha terminoloxía común no eido fraseolóxico en todas as súas variantes (fraseodidáctica, fraseotradutoloxía, fraseoloxía contrastiva etc.) e contribuír así a un uso máis homoxéneo da metalinguaxe da fraseoloxía no ámbito científico. En efecto, o caos terminolóxico que está a haber nestes momentos nesta disciplina, derivado da inxente riqueza do seu obxecto de estudo e do grande dinamismo dos seus estudosos, motiva a creación deste glosario multilingüe capitaneado pola lingua galega.

Máis información: http://www.cirp.gal/proxectos/proxecto-fraseoloxia-galega.html